jueves, 28 de febrero de 2008

MITIN EN PONTEVEDRA

YOLANDA DÍAZ, COORDINADORA XERAL DE EU, ESIXE A REFORMA DO SISTEMA ELECTORAL

lunes, 25 de febrero de 2008

O DIÑEIRO É DÉBEDA

¿Queredes entender como nos ten amarrados ó seu carro o poder financieiro?
Neste video veredes que o sistema non ten saída.Pensade onde pode acharse unha solución.

O diñeiro é débeda
é un documental didáctico onde
se explíca como se crea e funciona o diñeiro. Unha vez visionado un xa pode facerse unha idea de cómo funciona o noso agradable mundo financeiro e social. É arrepiante, entre outras frases que mencionan no documental, a do banqueiro Meyer Rothschild, fundador da dinastía Rothschild:
-
"Déanme o control do diñeiro e xa non importará quen faga as leis."

domingo, 24 de febrero de 2008

MITIN EN VIGO

Yolanda Díaz, Coordinadora Nacional de Esquerda Unida e tenente de alcalde en Ferrol, que criticou a política económica neoliberal do PSOE, da que dixo," como puidemos ver todos no debate entre Solbes e Pizarro, non hai diferencias relevantes con respecto á que presenta o PP." En Galiza, o bipartito PSOE-BNG segue a demostrar para quen goberna, e exemplos non faltan: Reganosa, a iniciativa de privatización de Astano, a paulatina privatización dos servicios sociais, etc. Recordou que baixar impostos non é de esquerdas, porque supón recortes nos servicios sociais e perxudica aos asalariados, os traballadores; e que os cidadáns non queremos cheques nin regalos, queremos ter acceso a unha vivenda, a un salario e un traballo dignos, a un ensino público e laico, a unha sanidade pública, e a servicios sociais acordes co século no que vivimos.

Juanjo Guirado, cabeza de lista por Pontevedra, sinalou a necesidade de Esquerda Unida como a única alternativa de esquerdas, a única alternativa ao sistema Capitalista brutal no que estamos vivindo e do que os sucesivos gobernos tanto do PP como do PSOE non teñen sido máis que marionetas. Un sistema inestable por natureza, que só pode medrar, incluso en épocas de crise, a costa dos asalariados e dos máis desfavorecidos, a través de créditos, macrohipotecas, de que as cousas non custen o que verdadeiramente valen. Un sistema que obriga ao consumo desmesurado, á producción desmesurada, engulindo recursos, afogando o planeta. O cambio climático é un feito. O sistema capitalista non pode solucionalo, por definición, buscará parches que o sigan alimentando, biocombustibles feitos de millo, soia, trigo encarecendo de forma brutal os alimentos base. Urxe un cambio. Urxe unha forza capaz de xestionar a crise dende abaixo, dende a razón do pobo, dos traballadores, dos asalariados, que somos a maioría. Urxe unha forza capaz de xestionar os recursos sen destruír o planeta, o noso patrimonio, a nosa terra, o noso mar e o noso aire. Esta forza é, sen dúbida, Esquerda Unida, e por iso, Juanjo Guirado pediu o voto para a súa formación.

martes, 19 de febrero de 2008

JUAN JOSÉ GUIRADO ENCABEZA A CANDIDATURA DE ESQUERDA UNIDA AO CONGRESO POLA PROVINCIA DE PONTEVEDRA

O Coordinador comarcal de Esquerda Unida en Pontevedra e membro do Consello Político Federal de Izquierda Unida, Juan José Guirado, será o cabeza de lista ao Congreso dos Deputados pola provincia de Pontevedra nas vindeiras eleccións xerais do 9 de marzo.

O resto da candidatura é a seguinte:

ESQUERDA UNIDA-IZQUIERDA UNIDA (EU-IU)

1. Juan José Guirado Fernández
2. Patricia Rey Davila
3. Rubén Pérez Correa
4. Lorena López Montero
5. María Luisa Fernández Rodríguez
6. Adriano Luis Culebras Pérez
7. María Luisa Lores Aguín

Suplentes:

1. José Román Alonso Santos
2. María Cristina Barros Abalde
3. José Manuel Alves Piñeiro
4. Irene Otero Murás
5. Francisco Javier Barroso García
6. Manuel González Garrido
7. Luz López Lamas